Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alertan de posibles casos de submisión química en Redondela

submisión

Dúas mozas denuncian que as drogaron botándolles substancias na bebida cando asistían a un local nocturno en Redondela. Así o denuncia a Asemblea Feminista Paxaretas quen fala de varios casos de submisión química en diferentes locais nocturnos da vila. Hai constancia de aló menos dúas afectadas quen xa presentaron as pertinentes denuncias tanto na Policía como a través das redes sociais. Estas mulleres relatan que se lles tería engadido nas súas bebidas algún tipo de droga que alterou a súa consciencia e a súa percepción da realidade.

Dende a Asemblea Feminista Paxaretas denuncias estes feitos ao tempo que alertan á sociedade en xeral e ás mulleres de Redondela en particular, de que se están a cometer este tipo de delitos e engaden que “existen sospeitas de que podería ser a mesma persoa tanto polos locais, forma de proceder como proximidades dos ataques”.

Ante esta situación fan un chamamento a calquera persoas que teña algún tipo de información ao respecto que se poña en contacto coa Policía Local de Redondela e a Policía Nacional e animan a aquelas mulleres que sospeiten de que puideran ser vítima deste tipo de agresións a acudir inmediatamente a un hospital.

Polo de agora serían dúas as vítimas deste tipo de submisión química pero non se descartar que pudieran ser máis as afectadas. Unha das denunciantes explica que non se lembra de nada do acontecido durante a noite polo que decidiu facerse unha proba de drogas “dando positivo en benzodiacepin e anfetaminas”.

Engade tamén na súa mensaxe que “me drogaron, non lembro absolutamente nada e roubáronme o teléfono móbil”. A segunda vítima afirma tamén que a drogaron “botáronme benzodiacepina na copa, dun momento a outro comecei a atoparme desorientada, fallábame a vista e non lembro o que me pasou, son lembro estar bailando e de súpeto caer e quedar inconsciente” segundo escribiu nunha mensaxe de Twitter.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará