Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Confraría reclama maior implicación das administracións no arranxo do pantalán

RR_Noticias

Dúas semanas despois de que o temporal levase por diante o embarcadoiro de Cesantes, non hai ningún compromiso por parte da administración para arranxar ou construír unha nova pasarela.

Os colectivos da parroquia, e concretamente a confraría de pescadores denuncian que as administracións “pásanse a pelota” e eluden un compromiso. O patrón maior, Clemente Bastos, asegura que a pasarela é necesaria tanto para os mariñeiros como para os bañistas e usuarios da praia e lamenta que Portos de Galicia e Costas non cheguen a un acordo para dotar á parroquia dun novo embarcadoiro. Con todo, non se sorprende tendo en conta que había máis dun ano que se denunciara o deteriorado estado do pantalán e que a única medida da administración en lugar de proceder ao seu arranxo fora pechar a pasarela. No seu camiño por sumar apoios para reclamar un novo embarcadoiro, os colectivos de Cesantes inician hoxe unha rolda de entrevistas cos grupos políticos. Reuniranse esta mesma tarde co BNG e esperan contar co apoio de toda á corporación no vindeiro pleno para solicitar do departamento de Portos de Galicia que constrúa un novo catalán

Clemente Bastos Patrón Maior
As administracións eluden responsabilidades
Unha infraestrutura necesaria
Bastos espera contar co apoio de toda a corporación para que Cesantes volva contar en breve cun novo pantalán

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará