Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Hugo Álvarez, adestrador do Xuvenil División de Honra: “Os xogadores van estar á altura”

ChocoXuvenilTecnicos

O técnico do CD Choco, que renovou como adestrador do equipo Xuvenil División de Honra, está moi satisfeito co traballo dos seus xogadores. Hai dúas semanas que comezaron a pretemporada e o rendemento “é moi bo”. Afirma que son rapaces “acostumados a un nivel de traballo esixente” e malia ter que coller o ritmo despois das vacacións de verán “están moi motivados”. O groso do conxunto mantense, xa que tan só cinco dos xogadores da pasada temporada pasaron a sénior. Son poucas as incorporacións que ten que facer Hugo, polo de agora están a probar con diferentes xogadores e o plantel aínda non está pechado. Está convencido de que os xogadores “estarán á altura”

Hugo Álvarez, con Álex Rodríguez como segundo adestrador e Ismael Dos Santos como preparador físico, teñen aínda por diante catro semanas de preparación ata que comece a liga, o 3 de setembro.

O feito de repetir categoría fai que xa coñezan á maioría dos rivais, pero todos os equipos fan cambios e ademais nesta temporada terán que visitar campos novos.

Coa prudencia que o caracteriza, Hugo sinala que o obxectivo é “seguir mellorando a nivel individual e colectivo” nunha liga que vai esixir “o 100% de cada un”. Como equipo recén ascendido o prioritario é a permanencia e a partir de aí avanzar “pouco a pouco”.

O primeiro partido será na casa, o domingo 3 de setembro, recibirán en Santa Mariña ao Club Bansander, de Santander.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará