Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cantatorrella, a cumbia amazónica chega ás Rías Baixas

cant torrella

Fon Conde e Pelu Vidal nos estudios da Radio Municipal de Redondela

Letras en galego, música festeira e bailable, mestura de ritmos… todo iso e moito máis é o novo grupo de Redondela “Cantatorrella” formado polos músicos Antonio Vidal “Pelu”, Myriam Cortizo, Diego Orge e Mario Blanco xunto coa voz de Fon Conde. A presentación oficial será o 26 de agosto na praza da Casa da Torre pero será este venres cando por primeira vez esta formación suba ao escenario nun concerto que terá lugar ás 22:00 horas no local de Chapela Terranai (Avenida de Vigo, 192).

Logo de pasar por diferentes formacións musicais Pelu Vidal e Fon Conde deciden embarcarse nun novo proxecto cun grupo formado por cinco integrantes de diferentes xeracións que van dende os vinte e pouco ata os sesenta anos “dándolle un aquel de veteranía e modernidade” a un grupo que conta con novos valores como Myriam Cortizo encargada do acordeón, o piano, o clarinete a percusión e os coros, Diego Orge na batería e Mario Conde no baixo.

Unha nova banda que fuxe do rock tradicional para embarcarse nunha mestura de estilos onde se integran a rumba, cumbia, rock and roll, “fusión musical pero sempre con temas propios en galego”.

As súas letras son orixinais de Fon Conde e están inspiradas en cousas cotiás e incluso en personaxes da vila pero que poden ser perfectamente universais “e que se poden extrapolar a calquera parte do mundo”.

A súa vinculación coa vila vai máis aló desas “historias de preto, retranqueiras e poéticas” porque elixiron tamén para o seu nome unha palabra da nosa contorna como é “torrella” xogando cunha expresión máis que coñecida na vila.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará