Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros tradicionais para familias no Castelo de Soutomaior

Camelias-soutomaior

O Castelo de Soutomaior celebra obradoiros en familia para descubrir como era a economía tradicional galega. A actividade, que forma parte do programa “Mouras e Meigas no Castelo de Soutomaior”, consiste en talleres no que as familias se converterán en artesás e coñecerán e oficios con tanta tradición en Galicia como o traballo co liño, o barro ou a lá. As entradas para a actividade deste domingo xa están esgotadas, ao igual que as do obradoiro infantil de cociña que terá lugar o sábado 19 de agosto. Aínda é posible acudir ao obradoiro de vendima o sábado 2 de setembro, á celebración do Samaín o sábado 28 de outubro, e ao Magosto o sábado 4 de novembro.

“Mouras e Meigas no Castelo de Soutomaior” é unha programación de 30 actividades da Deputación de Pontevedra que abrangue visitas teatralizadas, obradoiros, contacontos e roteiros para familias con nenos baseadas nas lendas, os oficios tradicionais e as tradicións da provincia. As familias pódense achegar á mitoloxía popular da provincia, aos xogos tradicionais, os oficios artesanais, os seres mitolóxicos ou tradicións coma os maios, as herbas de San Xoán, a vendima ou o Samaín. Ofértanse en total 360 prazas.

Ademais de “Mouras e Meigas no Castelo de Soutomaior”, a Deputación organiza este ano 68 sesións de visitas guiadas todos os luns e os venres ata finais de agosto. Tamén se celebrarán versións temáticas por Samaín en outubro (para persoas adultas os venres e os sábados de todo o mes, e infantís os sábados e os domingos) e polo Nadal (do 6 ao 10 de decembro). As entradas para todas as actividades están dispoñibles na páxina entradas.castelodesoutomaior.com, a un prezo único de 8 € (que inclúen a entrada ao Castelo, valorada en 5 €), e cada actividade conta cun total de 30 prazas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará