Hoxe é Venres 20 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo de inscrición para as carreiras populares de Redondela

2022090423462418522

O Club de atletismo de Redondela, en colaboración co Concello, organiza a III Carreira Popular Infantil e a II Carreira Contrarreloxo por equipos. A probas celebraranse o 2 e o 23 de setembro, respectivamente.

A primeira competición, centrada nas categoría inferiores dende sub 8 a sub 18, conta xa con 36 rapaces e rapazas inscritos e espérase superar os 200. O percorrido comezará ás 19:00 horas da tarde no Paseo Alfonso XII completando entre 50 e 2.300 metros dependendo da idade de cada participante.

A proba contrarreloxo está enfocada para persoas nadas antes do 2009 e celebrarase o 23 de setembro tamén ás 19:00 horas da tarde. As equipas deberán estar formadas por entre 4 e 6 compoñentes e o percorrido terá unha distancia de 5 Km que comezará no centro da vila e rematará diante do Concello, onde estará ubicada a meta. Dende aorganización esperan superar os bos datos de participación do ano pasado e completar as 40 equipas inscritas.

Para máis información está a disposición o coreo electrónico car.redondela@gmail.com e o número de teléfono 667 833 100.

Fichas de inscrición:

III Carreira Popular Infantil

II Carreira Contrarreloxo por equipos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará