- Este evento pasou.
Artistas de Rúa 2023
4 Agosto 2023 @ 19:30 - 23:30
Artistas de rúa celébrase o 4 de agosto, nunha xornada na que poderanse gozar de ata 6 espectáculos por toda a vila.
O pasarrúas “Chocolitos” comeza na Praza de Ribadavia ás 19:30h da tarde. É un espectáculo familiar interpretado por dous personaxes con traxes articulados con movementos realistas e fantásticos. Animados con animatronics nos ollos e a boca. Este espectáculo repítese ás 20:45h na Praza de Santiago.
“Peter Punk e o neno imperdible” comeza ás 20:00h na Praza do Concello. Defínese como un trepidante espectáculo no que o pallaso Peter Punk atrévese a facer de equilibrista, saltar ao baleiro e resucitar aos mortos. Comparte elenco con Brais das Hortas.
“Jano sen medias” (20:30h na Praza de Ponteareas). Este pallaso malabarista mestura o seu desenfrenado inxenio con acrobacias imposibles. Un humor orixinal, participativo e arriscadamente divertido.
“Somos Circo” (21:45h na Alameda de Castelao). A compañía Desastronauts, composta por Raquel Feroz e Girisho, traen a Redondela o auténtico circo, alto en acción e baixo en precaución. Viaxaron polo mundo realizando as súas incribles habilidades e agora presentan a súa obra mestra.
“Volando…Vengo” (22:00h na Pista da Xunqueira). A compañía Kanbahiota está composta por artesáns do espectáculo especializados en malabares, danza, circo e maxia.