Escoitarase no Multiusos da Xunqueira un repertorio que abrangue dende a música do renacemento, barroco, romanticismo e diferentes tendencias do século XX ata a música de vangarda.
Será mañá sábado ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira con entrada de balde a cargo do trío Coruña Brass formado por músicos que traballan nos conservatorios da cidade herculina. Desenvolve un repertorio par formación clásica de intrumentos de mental, un trío de trombón, trompa e trompeta.MOndello Quartet A última das actuacións do Musicámara será o derradeiro sábado de outubro coa música de Móndello Quartet, unha formación de cuarteto de corda clásico que centra o seu repertorio no Clasicismo, mais concretamente nos cuartetos de corda de Mozart, Haynd e Arriaga Unha actividade organizada polo Concello de Redondela en colaboración coa Fundación Caixagalicia.