Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O comercio de Redondela regresa aos anos 80

Shoping naight

A estética e a música da década dos oitenta está de moda, e o comercio local de Redondela sábeo ben. Por iso a noite de compras que se organiza para este venres vai ser “a máis oitenteira do ano”. Os escaparates están a decorarse con bolas de discoteca e guirnaldas que se suman á cartelería preparada pola Asociación de Empresarios, para vestir os establecementos ao máis puro estilo dos oitenta. Os mais de 40 comercios participantes súmanse a preparación dunha decoración especial moi discotequeira. Nos establecementos, ademais do anunciados descontos, sorteos e promocións tamén haberá picadiscos actuando en directo.

A xornada de compras nocturnas con desconto coincide un ano máis co Festival de Artistas de Rúa. Serán un total de sete actuacións dende as 19:30 horas ata a madrugada. Pallasos, malabaristas, espectáculos de circo e maxia con actuacións en rúas e prazas da vila, ademais dalgunhas que ofrecerán os propios establecementos. Os picadiscos s participantes aseguran que a música dos oitenta está garantida nesta noite musical e de compras que culminará coa actuación da Banda homenaxe a Sabina, que servirá a moitos para retrotraerse a unha década que deixou unha pegada moi especial, e Sabina foi un dos máximos expoñentes. A longo da vila tamén nos poderemos atopar con photocall para que a clientela faga fotos, comparta nas redes e participe nas promocións e sorteos que algúns dos establecementos teñen preparados baixo esta divertida modalidade de participación. A praza da Constitución albergará tendas que se localizarán en carpas e actividades organizadas polos propios establecementos alí desprazados.

A xornada dará comezo sobre ás 19.30 horas co pasarúas da compañía Chocolitos e a partir das 20.00 horas sucederanse polas rúas e prazas actuacións de “Peter Punk e o neno imperdible”, o pallaso “Jano sen medias”, a compañía Desastronaut e outros espectáculos como “Volando…Vengo” da compañía Kanbahiota. O peche será ás 23.15 co concerto de La Penúltima Sabinera na praza da Casa da Torre.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará