Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

3 embarcacións redondelás no Campionato de España de Traiñeiras

Traineras2

O LXXVI Campionato de España de Traiñeiras celébrase esta fin de semana en Augas de Moaña, en Tirán. O CR de Chapela participa con embarcación masculina e feminina, mentres que o CCD Cesantes debuta nesta competición coa súa recén estreada embarcación feminina. Esta edición caracterízase pola ausencia dos clubs vascos, sendo todos de Galicia. 

A primeira proba comeza o sábado ás 17:00h coa regata das embarcacións masculinas na que teñen parte C.R. Cabo de Cruz,  S.D. Samertolameu, CR Chapela, S. D. Tirá, o Club do Mar Bueu e o CR Ares, o favorito desta categoría.

O domingo dia 6 terá lugar a final cando se determinará o campión nacional. Este ano só participan 4 embarcacións femininas polo que pasan directamente á final. As deportistas do CR Chapela poderían repetir título se conseguen vencer a CCD Cesantes, CR Rianxo e CR A Cabana Ferrol. 

Como xa vén sendo habitual nos últimos anos, os clubs vascos non estarán presentes neste campionato posto que a liga Eusko Label coincide tamén esta fin de semana, con regatas en Hondarribia e Lekeitio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará