Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Montesiña contará cunha pasarela de plástico reciclado a comezos de 2024

ObrasSoutomaior 2

Os traballos para retirar a antiga pasarela de madeira xa comezaron

A pasarela peonil da estrada autonómica PO-244, situada nunha zona moi próxima ao colexio Santiago Apóstol, en Soutomaior, está xa en obras para a súa renovación. Esta actuación de acondicionamento deste itinerario peonil da PO-244 suporá un investimento de preto de 460.000 euros. Ten un prazo de execución de 6 meses e o obxectivo da Xunta é ter rematados os traballos no primeiro trimestre de 2024. As obras que se están a iniciar comprenden as actuacións necesarias para a reposición da pasarela de madeira situada na marxe dereita desta estrada.

A nova pasarela executarase en plástico reciclado, cun ancho de 2 metros, cos necesarios elementos de protección lateral, que disporán dunha altura de 1,10 metros. Na actualidade esta pasarela de madeira atópase deteriorada, polo que é preciso substituíla “para garantir a circulación dos peóns de xeito seguro”, sinalan desde a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

O plástico reciclado no que se executará a pasarela ten “unha alta resistencia á humidade e á intemperie, non sofre degradación, o mantemento é máis sinxelo e a instalación é fácil”, explican os técnicos..

Para realizar a instalación da nova pasarela o primeiro será o fincado de pilotes sobre o terraplén existente. Os pilotes, que serán de plástico reciclado, terán unha lonxitude máxima de 6 metros e de 200 mm diámetro. En sentido lonxitudinal os soportes colocaranse cunha separación máxima de 2,50 metros. Ademais, será necesario, para a correcta ancoraxe dos mesmos ao terreo, garantir unha profundidade mínima de fincado de cando menos 1,6 metros e 1/3 da lonxitude total do pilote.

Para a finca dos pilotes traballarase desde a plataforma da estrada anexa á zona de actuación, a PO-244. Durante os traballos tratarase de minimizar a afección aos usuarios desta vía.

Unha vez fincados os pilotes que servirán de apoio, colocarase a estrutura da pasarela. Tras a disposición da pasarela instalaranse os elementos laterais de protección, cunha varanda superior de pezas de sección cadrada, ancorada en postes de perfil de sección cadrada de e de 1,25 m de altura.

Ao final do tramo de pasarela hai actualmente unha zona con varanda de protección lateral de madeira, que será retirada, e instalarase o mesmo sistema de protección lateral que na pasarela, para unificar os elementos da zona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará