Hoxe é Venres 20 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Praza da Torre acolle un tributo a Sabina

La penultima sabinera

A banda tributo a Joaquín  Sabina, “La Penúltima Sabinera”, volve a Redondela para dar un concerto na Praza da Torre ás 23:15 horas dentro do programa Artistas de Rúa. Farán un repaso polas cancións máis coñecidas da discografía do artista manténdose fieis á interpretación orixinal.

A crítica defíneos como “o máis grande tributo a Sabina” polo minucioso detalle que poñen na posta en escena e a representación fiel da música do autor de Úbeda. Segundo Javier Gómez, guitarrista do grupo, a creación deste tributo é un homenaxe tan parexo que o propio Sabina deulles o “aprobado” e corroborou o parecido no escenario.

Algúns dos músicos da agrupación tiveron a oportunidade de compartir escenario en diversas ocasións cos integrantes da banda orixinal de Joaquín Sabina, motivo polo que decidiron seguir facendo crecer o proxecto. Destaca a voz do cantante tamén moi similar á interpretación real e a cunha forma moi dinámica de interactuar co público.

O concerto promete ser emotivo, pero tamén animado e divertido gracias á forma na que La Penúltima Sabinera conecta co público. Ademais desta cita a xornada do venres estará chea de sorpresas gracias as actuacións para todos os públicos que ofrece o programa Artistas de Rúa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará