A embarcación absoluta feminina do Club de Remo de Chapela consegue por segundo ano consecutivo a Bandeira de Campioas de España no LXXVI Campionato de España de Traiñeiras celebrado esta fin de semana en Augas de Moaña, en Tirán.
Despois da súa espectacular vitoria o ano pasado en Castropol, as redondelás completaron a proba cun rexistro de 22:33,33, superando a marca anterior de 24.38.27 e adiantando a CR.Rianxo,22.50:69; 3.- CR.Cabana Ferrol, 22.59:45; 4 e a CDC Cesantes-Cefycal, 24.02:16. Estas últimas remeiras estreaban a primeira embarcación feminina do club de Cesantes cunha marca considerable para a súa curta experiencia neste tipo de competicións.
Na proba masculina Ferrolterra conquistou a competición nun duelo cos anfitrións da xornada marcado por uns últimos segundos de tensión que deixaron ao CR.Ares cunha marca de 19.21:68 e a tan só milésinas de SD.Tirán-Pereira que rematou no segundo posto con 19.21:86. Os de Redondela conseguiron unha terceira posición, superando os reusltados obtidos ata do agora na Liga Galega A de Traiñeiras na que se atopan en quinto lugar.
A seguinte fin de semana continua o calendario da Liga Gaelga de Traiñeiras 2023 coa VII BANDEIRA FEMININA – CIDADE DE FERROL V MEMORIAL MIGUEL DERUNGS CRIADO no Porto de Curuxeiras o sábado 12 de agosto ás 18:00 horas e continua o domingo 13 de agosto coa XLI BANDEIRA CONCELLO DE MOAÑA no Peirao da Nosqueira ás 12:00 horas.
Resultados masculinos: 1.- CR.Ares, 19.21:68; 2.- SD.Tirán-Pereira, 19.21:86; 3.- CR.Chapela-Wofco, 19.37:33; 4.- CR.Cabo de Cruz, 20.16:36.
Resultados femininos: 1.- CR.Chapela-Wofco, 22.33:33; 2.- CR.Rianxo, 22.50:69; 3.- CR.Cabana Ferrol, 22.59:45; 4.- CDC Cesantes-Cefycal, 24.02:16.