Aló menos iso é o que pretenden dende BNG e PP, agrupacións políticas que presentaron importantes emendas para lograr máis financiamento para o noso concello. O BNG reclama a construcción dunha rotonda no alto do Valos e a recuperación da praia de Cesantes. O PP centra as súas demandas na rehabilitación do viaduto Madrid.
A deputada nacionalista Olaia Fernández Davila fixa as prioridades do bloque en Redondela en dous aspectos principais: a recuperación da praia de Cesantes e o incremento da seguridade vial na N-550 coa construcción dunha rotonda en Os Valos. As emendas presentadas polo BNG demandan do Goberno financiamento para a rápida execución da rotonda no Alto dos Valos, nunha zona que presenta un intenso tráfico rodado. O responsable local do BNG, Xoán Carlos González entende que as medidas adoptadas no lugar de cara a regular a circulación son insuficientes, xa que se “reducen a un radar que limita a velocidade a 50 km/h”, motivo polo que se fai imprescindible a construcción da rotonda . Os nacionalistas fan fincapé tamén na necesidade de lograr financiamento para a preservación e recuperación da Praia de Cesantes no seo da enseada de San Simón, incluída na Rede Natura. Unha demandas que dende o consello local do BNG entenden prioritarias e de “grande interese para o conxunto da veciñanza”. Viaduto Madrid Por outra banda dende o PP e a través da deputada Ana Pastor reclaman dos orzamentos do Estado unha partida para a rehabilitación do viaduto Madrid. Lembramos que o deteriorado estado da infraestrutura obrigou no verán a colocar unha rede de protección para evitar que os cachos que se desprenden da estrutura caian sobre vehículos e peóns. Os populares entenden que é necesario rehabilitar a viaduto para evitar calquera tipo de incidente pero tamén para que poida ser empregados polos veciños. O PP reclamou tamén unha partida para a creación do Museo da Batalla de Rande.