- Este evento pasou.
Entroido de verán
19 Agosto 2023 @ 18:00 - 23:30
O Entroido de verán celébrase cada ano en Redondela por todo o alto con espectáculos e actividades apra os máis cativos e todo tipo de concertos no Campo da Feira. A programación desta vixésimo cuarta edición comeza as 18:00 h e continúa ata a madrugada con sesión DJ para bailar e gozar dunha das festas máis populares do municipio.
ANIMACIÓN INFANTIL
Inchables con auga na Praza de Ponteareas e na Pista da Xunqueira de 18:00 a 21:00 h.
Touro mecánico na Praza da Torre de 18:00 a 21:00 h.
Inchable Eliminator na Praza da Torre de 18:00 a 21:00 h.
Xogos de fútbol e baloncesto na Praza de Lenda de 18:00 a 21:00 h.
Espectáculo “A Bailar” no Campo da Petanca ás 19:30 h. A Compañía Animar-T trae a Redondela un espectáculo interactivo con cancións en vivo, xogos, bailes divertidos, maxia, marioneta xigante e máis sorpresas.
Festa da Escuma na Pista da Xunqueira a partir das 21:30 h.
MÚSICA NO CAMPO DA FEIRA
20:00 a 21:30 h Sesión DJ con Carlos González e Borja Rúa.
21:30 a 23:00 h Gala Drag con Cristian de Samil.
23:00 a 0:30 h Concerto de La Quinkillada.
0:30 a 1:45 h Concerto de Ortiga.
1:45 a 2:45 h Concerto de DaSoul.
2:45 a 4:00 h Sesión DJ con Rodri Vegas.
**Prohibido entrar con recipientes de cristal nos espazos oficiais de actividades.