Hoxe é Venres 20 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Por un camiño seguro para todos os peregrinos

patrullas

Patrullas informado a peregrinas en diferentes puntos do Camiño

Patrullas de Policía Nacional e PSP de Portugal patrullan o tramo de camiño de Santiago ao seu paso por Redondela e Vigo, dando a coñecer a campaña “Non camiñas soa”. Os axentes acompañan aos peregrinos informándoos das distintas campañas de seguridade da Policía Nacional, dando información a través de trípticos, con teléfonos e a aplicación Alercorps, onde poden comunicar calquera incidencia.

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela, Seguridade Cidadá e a Delegación de Participación Cidadá, acompañados por dous policías portugueses, integrantes do Proxecto Comisarías Europeas 2023, patrullan distintos tramos do Camiño de Santiago ao seu paso por Vigo e Redondela, onde concflúen o Camiño Portugués tradicional e o Camiño Portugués pola Costa. A presenza da Policía Nacional leva a cabo de maneira máis intensa en época estival onde hai maior afluencia de turistas e peregrinos nestas zonas, ofrecendo seguridade, facilitando consellos de seguridade en varios idiomas e informando das aplicacións policiais como Alercops. Antonio Perera, Inspector Delegado de Participación Cidadá, explica que o obxectivo é que os peregrinos e pregrinas se sintan máis seguros

Antonio Perera, Inspector Delegado de Participación Cidadá na Comisaría de Vigo-Redondela

Os axentes atenden as dúbidas dos peregrinos sobre os lugares onde selar as compostelás, asistencia sanitaria ou calquera outra incidencia que poida xurdir. Sinala Perera que, en xeral, trátase de cuestións menores, xa que desde 2021 non se produciu ningunha incidencia grave.

Ademais de estar presentes nos distintos tramos do camiño ao longo da demarcación policial, distribúese información nos albergues e hoteis da zona, cunha gran acollida por propietarios e hóspedes. Planificar o camiño con antelación, ir sempre identificado, informar a familiares e amigos de onde nos atopamos cada día, levar sempre teléfono móbil con batería e camiñar polo camiño oficial son algunhas das recomendacións para un camiño seguro.

A campaña de Policía Nacional “Non camiñas soa” vén desenvolvéndose nos últimos anos co obxectivo de previr calquera acto de violencia sobre as mulleres, calquera incidencia que se produza no camiño ou albergues.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará