A pista da Xunqueira acollerá a finais deste mes a final da XLVI edición do Mundialito de Fútbol Sala en categorías inferiores que organizan o Redondela FS e a Concellería de Deportes en colaboración con Casa Paco 81. A competición que comezou o 26 de xullo e rematará o próximo 18 de agosto reuniu a máis de 500 nenos e nenas.
Encárase agora a recta final con moito público, bo xogo e altas temperaturas que está facendo dos xogadores uns heroes. Por este motivo tense retrasado media hora o comezo dos partidos. En lugar de empezar ás 19:00 horas o fan ás 19:30 horas cando comeza a baixar o sol e deixando tempo para que o Concello poida baldear a pista e refrescala.
Será o día 18 de agosto ás 19:00 horas, un día antes do Entroido de verán, cando se celebre a final. Xogaranse 4 partidos e a entrega de medallas terá lugar a partir das 22:00 horas da noite. Este é un dos momentos máis esperados para os nenos e nenas que segundo a organización “failles tanta ilusión que chegan incluso a durmir coa medalla esa mesma noite”.