O alcalde Xaime Rei, teríalles comunicado a súa decisión de abandonar a construcción do edificio por existir un problema coa reversión dos terreos. O PP reclamará información ao respecto no pleno de hoxe
O PP afirma que o alcalde lles tería comunicado a súa decisión de renunciar ao novo auditorio ante a imposibilidade de reverter os terreos de A Marisma onde estaba prevista a súa construción. Segundo explicou o concelleiro popular Alberto Pazos, logo de anos escoitando de palabra do alcalde que o “auditorio non era un proxecto senón unha realidade” agora se lles informa de que todo o investimento realizado ata o momento non serviu de nada. Afirma que se trata dun novo incumprimento do bipartito de Redondela, especialmente grave “despois de incluir fotografías virtuais no programa socialista ou pasear á ex conselleira María Xosé Caride pola vila para vendernos un proxecto que xa fora licitado e que finalmente quedarase nunha nova mentira do alcalde aos redondeláns”, sinala Pazos. No pleno de hoxe demandarán do goberno local máis información ao respecto xa que “o único que sabemos polo de agora é que se renuncia ao proxecto por existir un problema coa reversión dos terreos”, un feito que califican de “gravísimo, cando hai xa un proxecto redactado e adxudicado e moitos cartos investidos”.