Os concelleiros do grupo municipal do BNG ao lado da cúpula do campanario
O BNG redondelán recupera a súa proposta de traballar coordinadamente entre o Concello e os responsables da Igrexa de Reboreda para a rehabilitación da cúpula do campanario. En marzo de 2022 un lóstrego derrubouna sufrindo importantes desperfectos. A situación solventouse parcialmente coa reconstrucción en terra deste elemento arquitectónico. A estimación das obras para devolver a peza ao seu estado orixinal rondan os 300.000€. Puxéronse en marcha diiversas iniciativas veciñais para poder afrontar estas obras, “pero ano e medio despois seguen sen poder realizarse”, lamenta o voceiro nacionalista Xoán Carlos González. O edil considera que o goberno municipal “debe tomar a iniciativa para trasladar o campanario á súa ubicación orixinal” e empraza ao executivo de Digna Rivas a iniciar contactos cos responsables do edificio relixioso “para chegar a un acordo”. A proposta dos nacionalistas pasa por asinar un convenio de colaboración “polo que o Concello financie as obras a cambio de que pasen a titularidade municipal determinados bens da igrexa, que haberá que negociar”. Segundo González deste xeito “ambas partes poden saír beneficiadas”
A construción da Igrexa de Reboreda data de finais do S. XVII, e nos seus inicios era unha pequena capela anexa ao pazo da Reboraina que se atopa ao seu carón, e aínda existe un pasadizo que os une. O retábulo maior foi obra do redondelán Antonio del Villar. O conxunto patrimonial composto pola Igrexa, o Cruceiro, o Pazo da Reboraina e a Rectoral, constitúen uns dos máis destacados do municipio. González defende que este elemento patrimonial debe ser aproveitado “para un mellor coñecemento e difusión”. Propoñen ao Concello que dote económicamente unha bolsa para que especialistas “o estuden formalmente , e se comparta con centros educativos da nosa bisbarra”. Deste xeito os escolares “poderían traballar cunha peza arquitectónica para estudiar o contexto cultural e histórico da súa construción”.
O grupo municipal do BNG iniciará nas vindeiras semanas contactos co goberno municipal “para colaborar na planificación e desenvolvemento de propostas co fin de asegurarlles o noso apoio”, salienta González.
Comprométese a que esta proposta sexa debatida nas xuntanzas que están previstas que realice