Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Treixadura chega ás Festas de Reboreda cun concerto “especial e emotivo”

Treixadura

O Torreiro das Festas de Reboreda acolle, este sábado martes 15 de agosto, un evento especial para os amantes da música folk e tradicional, pero tamén par os fans de Treixadura que cumplen 30 anos do seu primeiro disco titulado “Camiño Longo”.

O concerto entra dentro da programación das Festas de Reboreda que este ano decidiron dar un xiro e sustituir as orquestras por un programa totalmente dedicado á música tradicional e dando especial protagonismo aos artistas locais. Concretamente, este martes 15 de agosto terá lugar o concerto de Treixadura que deron comezo a súa carreira en Reboreda. Xaquín Xesteira, gaiteiro e membro fundador, explica que “este vai a ser un directo especial e emotivo” pola súa vinculación á parroquia. Comezaron a ensaiar no Muiño Vello nos anos 90 e continuaron alí ata o ano 2004, cando por motivos de inompatibilidade de horarios entre os membors deciden continuar traballando dende Cambados.

“Camiño Longo” descríbese como o rexistro dunha parte da vida que Treixadura comparte con todos os seus seguidores. Incúe temas míticos e populares como Muiñeira de Santo Amaro, O Melro, Se Chove, Fisterra ou Himno Galego. Cancións que “despertan emocións embotellamos coa esperanza de que vos leven a revivir momentos entrañables”.

Dará comezo ás 21:30 horas e farán un repaso polas cancións máis emblemáticas da banda tradicional. Xesteira asegura que hai moita diferenza co son en directo dende que comezaron, xa que para o músico foron engadindo instrumentos e voces que fan que as mesmas cancións chegan a ter unha maior calidade e conexión co público.

O itinerario das Festas de Reboreda para a xornada do martes comeza ás 09.00 horas coa oración dunha misa, seguida ás 11.00 horas dos pasa rúas a cargo da banda de gaitas Os Coribantes de Pontecaldelas. Ás 12.00 horas oficiarase a misa cantada pola Coral de Reboreda en honra á Virxe da Asunción con posterior procesión. Ao finalizar os actos relixiosos, a banda de gaitas ofrecerá unha actuación e comezará a poxa de plantas. Ás 19.00 horas os máis pequenos poderán gozar da obra de teatro da man de Raquel Queizás.

Ás 21.30 horas comezará a actuación do grupo Treixadura e ás 23.30 horas terá lugar unha tirada de fogos artificiais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará