Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Jorge Gómez: “Non debemos publicar nas redes o que non compartiríamos cun descoñecido”

jorgegomez-768x432

Jorge Gómez foi axente do CNI e actualmente é Director Executivo de HSI Intelligence, consultora especializada en intelixencia e seguridade. Gómez é natural da parroquia redondelá de Cesantes e, malia que leva moitos anos fóra, recoñece que leva a súa terra “no corazón” e regresa sempre que pode “no verán ouo Nadal”. O neto de “Torerillo”, como el mesmo se identifica, colabora en programas de radio e televisión como experto en seguridade e análise estratéxica, e hoxe estivo nos micrófonos de Radio Redondela para falar de seguridade en intertet. Afirma que as redes sociais son plataformas que xa forman parte do noso día a día e que son moi útiles, pero tamén advirte do risco que supoñen para a seguridade e privacidade. Podemos ser vítimas de moitos tipos de ataques. O problema é que estamos a ofrecer datos persoais que poden ser utilizados por terceiros e tamén polos delincuentes.

No caso dos menores de idade o experto recomenda que os pais ou titores exerzan “centro control” sobre o uso que fan de internet e das redes sociais, algo doado coas aplicacións que existen para os controis parentais. Tamén é imprescindible falar con eles e explicarlles o risco de “expoñerse nas redes” tanto para eles como para toda a familia. Por exemplo, cando comparten fotos ou vídeos das súas vacacións están lanzando unha mensaxe aos delincuentes, que saben que “non hai ninguén na casa”.


Outra ameaza moi extendida é a que se coñece como “phishing” e que ten como obxectivo saquear as credenciais das nosas contas. Todo comeza cando recibimos unha mensaxe ou correo electrónico no que os estafadores se fan pasar por unha empresa ou organización como un banco ou Correos. Aquí as recomendacións son claras: non debemos iniciar sesión desde ligazóns de correos electrónicos, tampouco abrir ou descargar arquivos adxuntos, fixarse na gramática e ortografía do texo “e ante calquera dúbida eliminar a mensaxe”.

Os ciberdelitos aumentaron un 72% non conxunto de España no último ano. Segundo datos do Ministerio de Interior un de cada cinco delitos denunciados cométese na rede.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará