Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A final do Mundial feminino de fútbol poderase ver en pantalla xigante na Pista da Xunqueira

seleccion

O Concello de Redondela  instalará unha pantalla xigante na Pista da Xunqueira para que a cidadanía poida seguir a final do Mundial de Fútbol Feminino, na que España se enfrontará á selección de Inglaterra o vindeiro domingo, 20 de agosto, ás 12:00 do mediodía. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que a  Selección Española Feminina de fútbol “está chamada a facer historia”. O combinado nacional podería gañar o seu primeiro Mundial se logra vencer á vixente campioa de Europa. Rivas salienta que esta xesta “está a recibir admiración e recoñecemento de todo o país, tamén de Redondela”. Dáse a circunstancia ademais que entre o combinado de Jorge Vilda está tamén unha galega, a pontevedresa Teresa Abelleira “todo un referente para as novas xeracións de nenas que practican fútbol en toda Galicia” sinala Rivas.

 A rexedora afirma que o municipio redondelán sempre mantivo “unha forte aposta polo deporte feminino en pé de igualdade” polo que o Concello decidiu mostrar o seu apoio ás xogadoras instalando unha pantalla xigante para que toda a veciñanza poida seguir en directo o evento que se disputa o domingo en Sidney.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará