Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous detidos en Redondela por delitos de malos tratos

VioXenRedondela

Un veciño de Redondela foi detido na tarde de onte por un presunto delito de malos tratos. Os feitos aconteceron ao redor das 14.30 horas cando a policía recibía unha chamada alertando de que nunha céntrica rúa da vila atopábase unha muller pedindo axuda. Axentes da Policía Local e da Policía Nacional detiveron achegáronse al lugar, onde estaban tanto o home como a muller. Unha vez recolleron información por parte de ambos detiveron ao varón quen foi trasladado a comisaría da Policía Nacional a Vigo.

Detido un veciño de Reboreda

Un día antes, o sábado ao mediodía, axentes da Policía Policia Local de Redondela detiveron a un veciño de Reboreda por un presunto delito de malos tratos. Os feitos aconteceron logo de ser requeridos para acudir a un domicilio desta parroquia redondelá, onde unha muller fora agredida durante a madrugada. Entrevistados coas partes os axentes comprobaron que non era a primeira vez que se producian episodios de violencia no domicilio. A muller presentaba lesións visibles polo que se procedeu a detención do varón e o seu traslado a comisaría da Policía Nacional.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará