Xaime Rei asegura que existe un compromiso da Dirección Xeral de Patrimonio para acometer o arranxo e posta en valor do viaduto en dúas fases. Dende o PP emendan os orzamentos do Estado solicitando financiamento para reparar a estrutura.
O alcalde de Redondela Xaime Rei asegura que a Dirección Xeral de Patrimonio do Ministerio de Facenda comprometeuse xa a realizar unha primeira fase de rehabilitación no viaduto Madrid. Eso si, o rexedor local evita falar de prazos e de investimentos.Unha ponte cuxa estrutura está visiblemente deteriorada o que obrigou no verán a colocar unha rede de protección ao seu redor para evitar que os cachos que se desprendían caeran sobre vehículos e peóns. Precisamente dende o PP de Redondela presentarse unha emenda ao orzamentos do estado na que solicitaban financiamento para acometer a reparación do viaduto por entender que é necesario un maior aproveitamento turístico da ponte e como non, polos problemas de seguridade pública que provoca o seu estado actual. O viaduto fora obxecto dunha obra de restauración nos anos 90 pero a día de hoxe a infraestructura presenta notable síntomas de deterioro. Ademais, a pesar de que periodicamente se anuncia dende o goberno local proxectos para a súa posta en valor coa creación dunha senda peonil e incluso un restaurante nunha das cepas da ponte, eses proxectos son pospostos de xeito continuado.