Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Parabéns no goberno local e preocupación no Viso pola licitación dos proxectos da A-59

RR_Noticias

A decisión do ministerio de Fomento de licitar os proxectos da totalidade do trazado da A-59, un ramal que comunicará a autovía A-57 co aeroporto de Peinador dende Vilaboa provocou diferentes reaccións no concello.

Dende o goberno local o alcalde, Xaime Rei, entende que se trata dunha decisión de “sentido común” xa que segundo el esta autovía vai “favorecer a Redondela, Soutomaior e Pazos ao desconxestionar a N-550, a N-552 e tamén a AP-9”. Uns parabéns ante a decisión do departamento de José Blanco que non sorprenden, se temos en conta que dende o goberno de Redondela sempre se apostou por este trazado, coñecido nos seus inicios como alternativa 5. Pola contra, na parroquia de O Viso, a decisión de licitar os 23 kilómetros de autovía foi acollida con sorpresa “ante a celeridade dos trámites” e con preocupación ante as afeccións que este trazado vai provocar na zona de O Escredo, onde se estima que serán expropiadas entre 12 e 16 vivendas, mentres que máis de 60 quedarán dentro da liña de afección da autovía por estar a menos de 50 metros de distancia. Por este motivo dende a asociación de veciños de O Regueiro reclaman que se desvía o trazado cara ao leste o que suporía que afectaría a monte comunal non habitado e daría maior calidade de vida aos veciños que se atopen preto da futura estrada. Sete millóns de euros para o total da autovía que comunicará a A-57 co aeroporto. O trazado está dividido en tres tramos: Peinador-Arrufana, Arrufana-O Viso e O Viso-Vilaboa, en total 23 quilómetros de lonxitude que contará con dúas vías de sete metros de ancho, beiravías de 2’5 metros e interiores de metro e medio. O primeiro dos tramos contará ademais cun túnel de 540 metros que pasará baixo a pista de aterraxe de Peinador e que permitirá aos vehículos salvar o aeroporto e enlazar co seu acceso á AP-9.

Xaime Rei
O alcalde mostra a súa satisfacción pola licitación da A-57
Mª José Acevedo
A presidenta da AVV O Regueiro lembra as afeccións que esta obra provocará na parroquia
Alegacións
Rei asegura que as alegacións municipais solicitaban que se desviara o trazado da autovía

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará