A Ciclobiblioteca contra o cambio climático é unha actividade para cativos e cativas na que aprender sobre a natureza e adquirir gusto pola lectura. Despois do éxito da anterior xornada volve este venres 25 de agosto.
A Ciclobiblioteca é unha proposta de animación a lectura solidaria e medioambiental. Trátase dun proxecto nacido en Galicia a través dun ciclocarro construído en Dinamarca e ensamblado en Garabelos, ao que lle instalan uns andeis construídos polo centro de discapacitados ASDEME de Chantada, cargados con libros doados por editoras como Kalandraka, OQO, asociacións como “Máis Libros”, que conta coa colaboración da Director Xeral de Cultura e que se instala en parques, prazas, praias, piscinas, espazos naturais para divulgar un compromiso coa natureza e a solidariedade a través de cesión gratuíta de libros, actividades musicais, de animación teatral, paseos lectores.
A ruta comeza ás 11:00h cunha presentación na Vía Verde de Chapela para saír cara o Paseo da Xunqueira e a Rúa Alfonso XII sobre á 13:00 horas da tarde e facer un descanso coñecido como “sesión vermout”. A Ciclobiblioteca continúa cara a Praia de Cesantes e a viaxe remata na Fonte de Santiago na Rúa Xeneral Rubín. Para máis información está a disposición do público a Oficina de Turismo de Redondela.