No mediodía de onte axentes da Policía Local, coa colaboración da Policía Nacional, detiveron ao mesmo mozo que na tarde do mércores irrumpira na vivenda da súa nai e posteriormente ameazara con coitelos aos policias. Nesta ocasión, armado cun obxecto metálico punzante, volveu introducirse á forza no domicilio materno. Á chegada dos axentes, e tras varios intentos de que saíse ao exterior, a policía introducironse no interior da vivenda onde o home arremeteu contra un. A policía empregou a pistola eléctrica táser para inmobilizalo e poder detelo. Trátase do primeiro caso en Redondela no que unha persoa é reducida mediante o uso desta pistola elétrica, unha ferramenta que se adquiriu logo de que noutra ocasión un policía local tivera que facer uso da arma de fogo ante un feito similar en Cesantes.
Detido en Vigo
O detido, de 20 anos de idade, foi trasladado en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro para a súa valoración. Horas despois estaba novamente en Chapela. Axentes da policía de Vigo detivérono esta madrugada pola súa implicación nunha pelexa nunha casa ocupa.