O curso, que se desenvovlerá durante tres venres consecutivos, está orientado a público adulto que desexe aprender a contar historias a pequenos e grandes.
O obradoiro está orientado a pais e nais e persoas adultas en xeral que desexen utilizar os contos no ámbito familiar, onde a imaxinación e o lúdico serán os protagonistas. O obradoiro será eminentemente práctico e terá como obxectivo que os participantes teñan material bastante para poder contar contos e desenvolver criterios á hora de escoller libros infantís e xuvenís. Tamén se traballará a lectura e voz alta. O obradoiro desenvolverase os días 6, 13 e 20 de novembro ás 18:30 horas. A actividade é gratuíta e a inscrición realizarase na Bibioteca Municipal “Fórmulas de encontamento” inscríbese dentro do programa de Letras Vivas impulsado pola Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo e iniciou a súa andaina no ano 2008 a prol do fomento da lectura e o libro.