Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior triplica as axudas para material escolar no Ensino Infantil

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

O goberno de Soutomaior vén de anunciar que aumenta a contía das axudas para a adquisición de material escolar de cara ao curso 2023/2024. O obxectivo deste incremento da contía é que o alumnado de Soutomaior que o precise poida adquirir material escolar (cadernos, material para manualidades, de escritur, etc.). Nestas axudas non están incluída a adquisición de libros de texto. No primeiro ciclo de Educación Infantil (de 0 a 3 anos) a axuda pasa de 10 a 30 euros. No segundo ciclo de Educación Infantil, Primaria e ESO, a contía ascenderá dos 50 euros que se adxudicaban anteriormente aos 70 euros, o que supón unha suba do 40%. É a mesma cantidade que recibirá o alumnado de Soutomaior que curse Bacharelato, Formación Profesional ou PCPI (Programa de Cualificación Profesional Inicial) que tamén pasa dos 50 aos 70 euros.

A veciñanza xa pode consultar na páxina web do Concello de Soutomaior as bases reguladoras destas axudas. Alí poderán ver os prazos para a solicitude das mesmas, a documentación a entregar, o prazo de execución da axuda e calquera outro dato de interese. O Concello tamén anunciará na páxina web e nas súas redes sociais a apertura do prazo para a solicitude das axudas. Ademais, a veciñanza poderase poñer en contacto co Concello para resolver calquera dúbida. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e a concelleira de Mocidade, Rosana Martínez, sinalan que o incremento nas contías teñen por obxectivo “que todo o alumnado de Soutomaior poida acceder á compra de material escolar e garantir a igualdade de oportunidades na educación”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará