Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma contra a autovía non tira a toalla

RR_Noticias

A decisión do Ministerio de Fomento de licitar os proxectos dos tres tramos que conforman a A-59 entre Vilaboa e o aeroporto de Peinador non desaniman aos integrantes da Plataforma Cidadá contra a autovía.

Os membros da Plataforma entenden que logo dos reiterados anuncios do Ministerio a licitación dos proxectos por parte de Fomento era un paso esperado. Manteñen a súa oposición a esta infraestrutura por entender que ese non é o camiño para solucionar os problemas de tráfico que existen na comarca e continuarán con diferentes accións encamiñadas a informar e concienciar á cidadanía de que o trasporte público é a alternativa. Con todo entenden que o momento de actuar máis activamente será cando as empresas que  se fagan coa redacción do trazado saquen a exposición pública os seus proxectos e se abra un novo período de alegacións. Non tiran a toalla porque saben que outras infraestructuras en fase máis avanzada quedaron en meros proxectos e, en todo caso, apuntan que si finalmente se constrúe a A-59 haberá que estar moi atentos para esixir cando menos o mesmo respecto que se teñen noutros territorios cando se fan infraestructuras semellantes

Tino Míguez
A Plataforma continuará defendendo a súa postura contra a autovía
Alegacións e afeccións
Esixir o mesmo respecto que os políticos teñen noutros territorios

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará