Un total de 42 traiñeiras, 18 en mulleres e 24 en homes, participarán na regatas clasificatorias da Bandeira da Concha que se disputarán este mércores e xoves, 30 e 31 de agosto, en Donostia. Tanto na categoría feminina como na masculina temos representación redondelá coas traiñeira do Club de Remo de Chapela (Grupo A) e CCD Cesantes-Rodavigo (Grupo B) que pelexarán polo primeiro posto desta competición considerada como “as olimpíadas do Remo”.
Así, o 30 de agosto ás 18:00 horas será a quenda das 19 traiñeiras femininas onde competirán as redondelás do Club de Remo de Chapela. Divididas en dous grupos e en intervalos dun minuto, as embarcacións percorrerán na modalidade de contrarreloxo as 1,5 millas náuticas. As 7 que logren o mellor tempo acompañarán a Kaiarriba – Nortindal Donostiarra Ur Kirolak os dous seguintes domingos na disputa da bandeira. Julio Prado, presidente do CR de Chapela, expresaba en nome das remeiras e remeiros a satisfacción que supón voltar un ano máis a esta prestixiosa competición”.
O 31 de agosto, tamén ás 18:00 horas, será a quenda das 24 traiñeiras masculinas onde participan as traiñeiras de Chapela (Grupo A) e Cesantes (Grupo B). Do mesmo xeito que na modalidade feminina, divididas en dous grupos e en intervalos dun minuto, percorrerán na modalidade de contrarreloxo as 3 millas náuticas do campo de regata. O obxectivo, segundo Prado, é poder “chegar á final e facer unha boa clasificatoria”, pero sabe que “vai ser complicado”.
O nivel desta competición e o interese da afección vasca polo remo vese reflectido na contía dedicada a premios que se eleva a un total de 85.500 € en ambas as modalidades, correspondendo un premio económico de 25.000 € e bandeira ás tripulacións clasificadas en primeiro lugar.
Despois da Bandeira da Concha a tempada remata, sen embargo no CR de Chapela xa comezan en setembro a prepararse para o 2024 e, concretamente, o sábado día 23 celebran o día do remo cunha gran festa na que haberá regatas e competicións amigables. O ano pasado participaron máis de 200 embarcacións que saíron dende a Praia de Arealonga rumbo a Meirande.
Participantes na clasificatoria feminina do mércores, 30 de agosto:
Grupo A
– Cabo
– Chapela
– Donostia Arraun Lagunak
– Hondarribia
– Hibaika
– Kaiku
– Orio
– Tiran
– Tolosaldea
– Zumaia
Grupo B
– Cesantes
– Perillo
– Deustu
– Hernani
– Mugardos
– Ondarroa
– Estaleiro
– Zarautz
Participantes na clasificatoria masculina do xoves, 31 de agosto:
Grupo A
– Arkote
– Cabo
– Ares
– Getaria
– Hondarribia
– Kaiku
– Lekittarra
– Ondarroa
– Orio
– Samertolameu
– Santurtzi
– Zierbena
Grupo B
– Urdaibai
– Bueu-Simei
– Zumaia
– Deustu
– Elantxobe
– Lapurdi
– Mutriku
– San Juan
– San Pedro
– Hibaika
– Tiran
– Zarautz
NOTA: Donostiarra, a traiñeira local, xa está clasificada por estatutos e completará os oito botes que se xogarán a bandeira tanto en categoría feminina como masculina.