A agrupación xuvenil do BNG afirma que os 20 euros anuais que os grupos de música deberán abonar polo uso do local de ensaio que se atopa nas antigas casas dos mestres foi consensuado coas formación musicais que actualmente fan uso de ditas instalacións.
Saen así ao paso das críticas feitas dende Novas Xeracións do PP, un colectivo que tachara de “intolerable” que os mozos tiveran que pagar polo uso do local de ensaio xa que deste xeito, segundo palabras da popular Laura Alonso “se prexudican as actividades culturais que desenvolve a xuventude na vila”
Unha opinión que non comparten en Galiza Nova por entender que “si se divide esa cota entre os 12 meses do ano, toca a 2€ mensuais que inda se repartirían entre os membros do grupo”
Lembran que a sala Nsaio foi posta en marcha grazas a unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude, dirixida polo BNG na anterior lexislatura da Xunta de Galicia e cando a Concellería de participación Cidadá estaba dirixida pola tamén nacionalista Cecilia Pérez Orge “o que demostra que tanto o Bloque a Concellaría apoian as actividades culturais da xuventude”.