Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG propón ao goberno redondelán que impulse o fútbol feminino

Mundial

Na temporada pasada o fútbol feminino en categoría absoluta non tivo representación en ningún club de Redondela. A escaseza de fichas no Club de Fútbol Chapela levou á desaparición do seu equipo feminino, mentres que o CD Choco e os demais clubs de fútbol do municipio xa non contaban con esta sección. A concelleira nacionalista, Jésica García, afirma que o goberno municipal “debe aproveitar o pulo do Mundial de Fútbol para traballar na recuperación dos equipos femininos, polo simbolismo que para moitas rapazas constitúe”. García entende que “o cambio de directiva do CD. Choco ou negociar co Chapela podería ser unha boa ocasión para retomar e impulsar un equipo feminino”. Desde o BNG defenden que o executivo local desenvolva unha liña de subvencións económicas “para apoiar inicialmente os equipos femininos”. Outra das posibilidades que valoran dende o BNG consiste na creación das Escolas Deportivas Municipais para crear un equipo de fútbol feminino “xa que botar a andar estas escolas sería todo un éxito para o recoñecemento dos dereitos das nosas nenas, e as nosas mulleres”, afirma Jésica García.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará