Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pasado do Viso poderase ver en imaxes

RR_Noticias

A asociación cultural Santa María do Viso está a levar a cabo unha labor de recompilación de fotográficas antigas nas que se recollan imaxes da parroquia. En decembro organizarán unha exposición na que se compararán as imaxes actuais coas cedidas polos veciños

Un traballo que os están a levar aos domicilios do Viso cuxo veciños xa cederon un cento de instantáneas con temáticas diversas como retratos, fotos de grupos, imaxes panorámicas da parroquia ou mesmo algunhas que retratan os traballos tradicionais como o marisqueo ou as labores de campo. Unha iniciativa que transcorre en paralelo co concurso fotográfico que a asociación ten en marcha e cuxo prazo de presentación de traballos remata o vindeiro 28 de novembro. Os participantes poderán presentar ata tres fotografías inéditas cuxa temática estará centrada nas xentes, paisaxes, hábitos, festas e, en xeral, na realidade O Viso. Existirá unha única categoría e o xurado, que estará formado por 5 integrantes da Asociación, valorará tanto a calidade da fotografía como a creatividade á hora de transmitir a visión actual da parroquia. O gañador do concurso recibirá un mini ordenador portátil mentres que o segundo e terceiro clasificado gañarán un cámara de fotos dixital. A partir do 12 de decembro está previsto recoller nunha mesma exposición o pasado e o presente da parroquia en imaxes o que permitirá comparar a evolución que foi sufrindo o territorio e as súas xentes.

Xosé Covelo
Temáticas variadas cedidas polos veciños
Concurso fotográfico
As imaxes presentadas ao concurso formarán parte dunha exposición en decembro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará