Os asistentes aprenderán a preparar receitas atractivas e económicas grazas ao emprego de produtos de tempada. Desenvolverase na Sociedade Labrego Cultural de Reboreda os luns 9,16 e 23 de novembro e o 7 de decembro
Impartido pola cociñeira profesional Elena Arguello, terá lugar na Sociedade Labrego-Cultural de Reboreda os días 9, 16 e 23 de novembro e 7 de decembro en horario de 17:00 a 19:00h organizado pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade
Con este curso a Concellería pretende que nestes momentos de crise poidamos preparar pratos atractivos aproveitando os produtos de temporada e engadindo un pouco de imaxinación.
Os interesados en participar poden anotarse directamente na Sociedade Labrego Cultural ou nas propias oficinas de Servizos Sociais en Isidoro Queimaliños.