A praza da Casa da Torre acollerá o vindeiro domingo día 10 de setembro o tradicional concerto da Rondalla de Redondela. Unha cita musical que se ía celebra o pasado sábado pero que o mal tempo da xornada obrigou a adiar confiando en que na próxima data a situación meteorolóxica mellore. Os máis de 30 compoñentes que conforman a agrupación subirán ao escenario ás 21:00 horas para ofrecer o seu clásico repertorio, “unha antoloxía musical” dos máis de cen temas cos que conta a rondalla, interpretando temas dos anos 50 e incluso máis antigos, xa que algunhas das pezas do seu repertorio teñen máis dun século de vida.
Boleros, habaneras e outros clásicos soarán neste concerto que supón o peque da programación de verán do concello.
Lembramos que actualmente a Rondalla de Redondela está formada por unha trintena de voces masculinas, malia que houbo cambios desde a súa creación. Déronse baixas entre os seus compeñentes, pero tamén chegaron voces novas que se foron incorporando a este grupo. Tamén houbo renovación no repertorio aínda que maioritariamente son os temas clásicos de sempre.