Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O paro baixa lixeiramente en Soutomaior e sobe no resto da comarca

paro datos

En Redondela hai 29 parados máis que no mes anteriores e tamén sobe lixeiramente o número de desempregados en  Pazos de Borbén e en Fornelos de Borbén mentres que Soutomaior desmárcase desta tendencia con cinco parados menos ao remate de Agosto.

A fin do verán supuxo a destrución de emprego en toda España cun incremento do paro en 24.826 persoas en relación ao mes anterior. Non foi así en Galicia onde tan só se destruíron 217 empregos, mínima variación que respondería a un mercado laboral máis estable e que permite que a estas alturas do ano se suavice a tradicional destrución de ocupación que conleva o fin da campaña turística.

Na nosa comarca tamén podemos falar de estabilidade malia que Redondela experimenta unha lixeira suba no número de desempregados, sendo a día de hoxe 1.443 as persoas en paro, 29 máis que no mes anterior. En Pazos de Borbén hai 186 veciños en situación de busca de emprego, dous máis que a finais de xullo, mentres que en Fornelos a cifra de parados sitúase en 120, cinco máis respecto ao mes anterior.

O único concello da bisbarra que se libra desta tendencia é Soutomaior onde o mes de agosto acabou cunha lixeira redución do paro, descendendo en 5 o número de persoas desempregadas que se sitúa en 434.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará