O equipo de balonmán de Chapela vencía na súa visita ao campo do Mecalia Novás (27-30) e a Sar non perdoa ao colista da categoría o Covadonga, nun encontro que rematou co resultado de 30-22 a favor dos redondeláns.
O Canario Cáthering demostrou novamente o seu bo estado de forma cunha vitoria fora da casa ante o Mecalia Novás. Os de Chapela mostraron o seu mellor estado de forma na segunda parte, sentenciando un encontro que xa nos primeiros trinta minutos parecía querer resolverse a favor dos de Fran Teixeira.
O equipo local sitúase no segundo posto da categoría a tan só un punto do líder, o OAR Coruña e na vindeira semana recibirá en Chapela ao sexto, o Calvo Xiria
E non houbo sorpresa no encontro disputado na bomboneira onde a Peguform Sar deu boa conta do colista o Grupo Covadonga. Foi un partido sen sobresaltos para os redondeláns que foron os claros dominadores dun partido onde o rival, que aínda non ten puntuado, confirmou que é un claro candidato a unha das prazas do descenso.
A sar ocupa os postos medios da táboa, concretamente é sétimo, e na vindeira semana xoga fora da casa, nun encontro contra o cuarto da categoría, o Toscaf.