A piques de aprobarse o PXOM de Vigo a veciñanza de Bembrive mantén a súa loita contra as obras do túnel da autovía A-52 que consideran “innecesario”. Rexeitan a construción desta infraestrutura que supondrá un investimento superior aos 300 millóns de euros “cando a liberación da peaxe da autoestrada que vai en paralelo sería unha opción máis lóxica”. Denuncian que esta actuación conlevaría un grave impacto ambiental e social nesta zona rural de Vigo. Roberto Estévez, presidente do colectivo Bembrive en Pé, sinala que o modelo de “piche e formigón dos anos 80 está esgotado” e que as políticas do século XXI deberían camiñar cara unha mobilidade “máis sostible” e cun transporte público “eficiente e útil” para a cidadanía que permita reducir o uso do vehículo particular.

Rodri Míguez: a voz das redes que fai soar a música galega
Rodri Míguez, creador da canle “@rodrimiguez “, é finalista por segundo ano consecutivo na categoría de Proxectos de Comunicación e Difusión Musical dos Premios Martín Códax da Música Galega 2025.