Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A “cagada da vaca” en Vilar deixará un premio valorado en 2.000 euros

cagada vaca

A parroquia de Vilar acolle este sábado o concurso “a cagada da vaca” organizado pola comisión de festas de San Bieito e San Martiño co obxectivo de recadar fondos para organizar estas celebracións. As rifas teñen un prezo de dous euros e pódense conseguir no Centro Cultural Vilar de Infesta ou a través de calquera membro da Comisión.

A necesidade de conseguir fondos para organizar as festas na parroquia levou aos mmebors da comisión a poner en marcha esta iniciativa. Así, ademais das colaboracións económicas das administracións e dos veciños, este ano celebran por primeira vez un sorteo moi “enxebre” que terá lugar este sábado día 9 de setembro no campo de fútbol de Vilar: “a cagada da vaca”. Sortean un premio valorado en 2000 euros que será para aquela persoa que posúa o boleto numerado coa parcela no que a vaca deposite a súa bosta.

As bases do concurso, que se poden consultar no facebook da Comisión de festas de Vilar, recollen que o campo de fútbol dividirase en parcelas de un metro cadrado que serán numeradas de xeito aleatorio antes do inicio do sorteo, sendo a parcela gañadora “aquela na que a vaca deposite a primeira deposición”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará