Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nueva Pescanova anuncia cen despedimentos en Chapela e Madrid

pescanova

A multinacional anunciou que iniciará un expediente de regulación de emprego (ERE) que afectará a un centenar de empregados. Basean esta decisión “por causas económicas e organizativas» cando se atopan en plena negociación para vender a compañía á canadiense Cooke. O BNG vén de presentar unha moción extraordinaria ao pleno que se celebra hoxe (Multiúsos 20:30 horas) na que demanda o apoio do resto dos grupos “a se posicionar en contra desta estratexia do grupo empresarial polo seu posible impacto económico en Redondela, pola perda de postos de traballo e polo incerto do futuro da actividade”.

A dirección de Nueva Pescanova apóiase nos resultados do 2022 para xustificar o ERE. A multinacional rexistrou unhas perdas por valor de 53,4 millóns de euros. Este resultado supuxo un forte golpe despois de que no 2021 recuperase a senda dos beneficios tras a pandemia e todo parecese indicar que a pesqueira galega endereitara o rumbo.

Os traballadores afectados polo despedimento colectivo «contarán co apoio e a orientación da compañía durante este proceso», asegura a compañía a través dun comunicado onde tamén arguemtna que “antes de chegar a esta decisión, explorou todas as alternativas posible e tomado medidas para minimizar o impacto nos seus equipos”.

Os sindicatos reuniranse hoxe «de urxencia» para analizar a situación e trasladar unha mensaxe en común ao persoal. Comisións Obreiras e UXT son as centrais con representación na empresa. Por agora, limitáronse a explicar que a negociación dos despedimentos arrincará dentro de quince días.

O centenar de despedimentos chega en pleno proceso de venda. Abanca (accionista maioritario da pesqueira) e Cooke Inc. alcanzaron un acordo o pasado abril para negociar en exclusividade a compravenda do 80 % de Nueva Pescanova, un proceso que ainda está sen pechar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará