A Concellería de Persoas Maiores pecha este venres o prazo de inscrición para participar en tres excursións que se van desenvolver os días 13, 14 e 15 de setembro e que permitirán aos participantes visitar diferentes localidades do norte de Portugal. O prezo é de 19 euros e inclúe o desprazamentos e o xantar. A inscrición debe facerse na Oficina de Turismo.
A concelleira Pilar Martínez salienta a importancia desta actividades que xa contou cunha elevada participación en edicións anteriores e que arranca este curso o vindeiro mércores cunha visita a Valença, o xoves a Monçao e o venres a Melgaço. Unha actividade enmarcada dentro do programa de Visitas culturais e de lecer para persoas maiores de 55 anos que deben inscribirse previamente na oficina de turismo de Redondela na rúa Isidoro Queimaliños en horario de 11:00 a 19:00 horas.
Martínez salienta os beneficios que este tipo de actividades teñen para os participantes “persoas que nalgúns casos nunca tiveron a oportunidade de viaxar e que supón outro xeito de socializar ao tempo que se coñecen lugares de interese cultural e patrimonial e se goza dunha xornada de convivencia”.