Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Multiúsos de Arcade albergará os Servizos Sociais e o CIM de Soutomaior

souto

O goberno local aposta por un centro de benestar integrado que a partir do vindeiro 18 de setembro funcionará no Multiúsos de Arcade atendendo as persoas usuarias dos Servizos sociais así como do Centro de Información á Muller. O obxectivo é garantir a privacidade a a mellor atención das persoas usuarias. Pola súa banda, a OMIX trasladarase a casa consistorial.

O Goberno Local leva a cabo unha reestruturación que situará a integración dos Sevizos Sociais no Multiusos co obxecto de ofrecer ás veciñas e veciños “un mellor servizo e moito máis áxil, usuarios que contarán ademais con moita máis intimidade para realizar as súas consultas e recibir atención persoal” segundo explicou o concelleiro responsable desta área Diego Moreira.

Deste xeito, no Multiusos haberá unha sala de agarda na entrada onde unha profesional dirixirá aos usuarios e usuarias ao espazo que lle corresponda, para así e deste xeito, garantir a privacidade de todas as persoas que acoden a este centro.

O Centro de Benestar Social Integrado contará co CIM, composto por unha psicóloga (tamén directora do CIM), unha avogada, e unha técnica de igualdade, os servizos sociais, e, como novidade, está en vías de desenvolvemento a contratación dun educador familiar, o que é, segundo Rosana Martínez Boullosa “unha notable aposta do actual Goberno polos servizos sociais do concello”.

Con esta reestruturación, e coa fusión dos servizos sociais no Multiusos, para axilizar e favorecer o uso deste servizo na cidadanía, a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) aterrará dende o 18 de setembro na Casa Consistorial de Soutomaior para seguir ofertando e ofrecendo os seus servizos dende o concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará