Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o programa municipal de envellecemento activo con propostas para traballar corpo e mente

pili taichi

A Concellería de Persoas maiores ten en marcha dúas actividades que arrancan nas vindeiras semanas: o programa “Esperta a túa Mente”  cuxo prazo de matrícula está aberto ata o 15 de setembro e “Maiores en Forma” que se vai desenvolver en sete parroquias a partir de outubro pero con prazo de inscrición aberto do 15 ao 28 deste mes.

O programa “Esperta a túa Mente” ten aberto o prazo de matrícula ata o 15 de setembro e os obradoiros comezarán o día 20 deste mes. Actividades como xogos de mesa, pasatempos ou exercicios en cadernos permiten mellorar a memoria e evitar o deterioro cognitivo, xa que se exercita a capacidade de cálculo e atención. Ademais, o propio feito de establecer unha rutina para asistir ás clases e sociaizar cos compañeiros e compañeiras é unha gran axuda para favorecer o envellecemento activo”, sinala a concelleira Pilar Martínez.

Establécense tres grupos no Multiúsos da Xunqueira (Redondela), os mércores (de 09.30 h a 10.45 h) e os venres de e 09.30 h a 10.45 h e de 11 h a 12.15 horas. En Chapela, as clases serán os xoves con dous horarios, de 10 h a 11.15 horas e de 11.30 h a 12.45 horas.

“Maiores en Forma” é outro dos programas que este curso se van desenvolver nas parroquias de Cabeiro e Quintela, ademais de continuar en Redondela, Chapela, O Viso (Saramagoso), Reboreda e Ventosela”. Neste curso realízase un exercicio suave e adaptado ás necesidades dos alumnos e alumnas que lles axuda a activar a circulación sanguínea, exercitar a mente, diminuír a tensión e aliviar a dor articular. “O exercicio, unido á interacción social que se dá nas clases, axuda aos maiores a mellorar o seu equilibrio tanto físico como mental”, sinala Martínez.

O prazo de matrícula estará aberto do 15 ao 28 de setembro, e as clases comezarán en outubro en diferentes horarios. En Redondela será os martes e xoves con tres quendas (de 8.30 a 9.30 horas, de 9.30 a 10.30 horas e de 10.30 a 11.30 horas). En Chapela a actividade realizarase os luns e venres de 9.00 a 10.00 horas no pavillón municipal e pola tarde de 17.30 a 18.30 horas no Círculo Cultural. En Cabeiro as clases serán os mércores de 18.30 a 19.30 horas. Na parroquia do Viso a actividade impartirase no barrio de Saramagoso os martes e xoves de 20.00 a 21.00 horas. En Reboreda será os luns e venres de 19.00 a 20.00 horas, en Ventosela os martes e xoves de 18.00 a 19.00 horas, mentres que en Quintela será os mércores de 19.50 a 21.00 horas . As prazas serán adxudicadas por estrita orde de inscrición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará