Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O 25% dos traballadores contratados nas obras do Plan E atopábanse en situación de desemprego

RR_Noticias

As obras que se están a realizar en Redondela con cargo ao Fondo Estatal de inversión Local supuxeron que 84 parados atoparan emprego ao ser contratados por algunhas das empresas que están a realizar obras de humanización e mellora en diferentes puntos do concello
 

As 21 obras de mellora que se están a realizar durante este ano no concello de Redondela con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego -o coñecido como Plan E- empregaron a un total de 238 persoas das cales tan só 84 se atopaban en situación de desemprego. Isto supón que o 25% das persoas contratadas para estas actuacións atopábanse previamente en paro mentres que o 75% restante eran traballadores en activo.
Do total das obras a realizar as que incluíron un maior número de contratos de nova creación foron as humanización de Pai Crespo e José Regojo e a mellora e pavimentación de camiños municipais, actuacións que supuxeron a contratación de dez desempregados cada unha dun total de 46 postos de traballo.
Con todo, proporcionalmente habería que destacar o saneamento do barrio de Nogueira no Viso, xa que nove dos dez operarios que traballaron nesa obra atopábanse apuntados na lista do INEM.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará