Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco golea ao Cambados e os xuvenís perden ante o Arousa

choco

Preferente Galicia

Choco 4-1 Juventud Cambados
Era o primeiro partido do equipo de Tizón na casa, e non defraudaron ao seu público. Malia o abultado do resultado o encontro non foi doado para os de Redondela, que comezaron perdendo. Ao pouco de comezar o xogo Tava poñía por diante ao Cambados cun gran lanzamento afastado. O gol fixo espabilar ao Choco, que tentou lograr canto antes a igualada. Antes da media hora de xogo acadárono cun gol de Samu Vilariño ao encaixar a pelota pola ecuadra da portaría visitante. Remataba con empate a primeira parte, pero tras o descanso os de Tizón saíron con máis ímpetu. Capelo deu a volta ao partido cun gol de cabeza, e pouco despois aumentaba a renda cunha vaselina. O Juventud Cambados tentou engancharse ao partido pero Álex Figueroa, de cabeza tras un pase de Seydou, anotaba o cuarto e definitivo que daba o triunfo ao Choco. Os de Redondela ocupan agora o 6º posto na táboa ao sumar a súa primeira victoria nesta segunda xornada. Esta semana visitarán o campo do actual líder, o Juventud Ponteareas.

División de Honra Xuvenil

Choco 0-1 Arousa
O Arousa puxo fin á boa xeira do Choco, que sumaba dúas vitorias nas dúas primeiras xornadas de liga e buscaba sumar unha terceira. Os arousáns adiantáronse no marcador, ao sete minutos, e os redondeláns non foron capaces de marcar.

Primeira Autonómica

Arcade 1-2 Caldas

O Arcade, que é 6º, xoga na próxima xornada no campo do Beluso, co que están empatados a puntos.

Segunda Autonómica

Amencer 1-0 Cesantes

Romay 3-3 Soutomaior

Na próxima xornada dispútase o derbi comarcal Soutomaior-Cesantes cos dous equipos empatados na táboa con tan só 1 punto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará