Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O temporal derruba dous muros en Chapela e provoca inundacións no centro da vila

RR_Noticias

Os barrios de Cidadelle e Angorén na parroquia de Chapela sufriron na tarde de onte a caída de dous muros por mor das fortes chuvias dos últimos días. No Camiño do Poste a zona foi precintada por Protección Civil o que impide o tránsito de vehículos.
 

As fortes precipitacións e refachos de vento que afectaron á comarca na xornada de onte deixaron tamén incidencias no municipio. Concretamente na tarde de onte Protección civil tivo que intervir de urxencia no Camiño do Poste no barrio de Cidadelle en Chapela polo derrube dun muro de contención que impide o acceso en vehículo a esta zona. O muro, que fora construído polas obras de saneamento que se están a realizar no vial, viuse abaixo por mor das fortes chuvias dos últimos días.
Non hai que lamentar grandes danos aínda que a zona está precintada como medida de precaución polo que os residentes só teñen posibilidade de acceder ás súas vivendas por outra parte de uso exclusivo para peóns que conecta coa parroquia de Trasmañó.
Tamén en Chapela pero no barrio de Angorén, efectivos de Protección Civil e da Policía Local tiveron que actuar na caída dun segundo muro, neste caso no Camiño dos Olmos, zona na que tamén se están a realizar obras de saneamento.
Inundación na Praza da Constitución
E o centro da vila non se librou onte das acostumadas inundacións que se producen de xeito reiterando cando as choivas coinciden coa preamar. Así pasadas as dúas da tarde a céntrica praza da Constitución convertíase novamente nun pequeno estanque.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará