O condutor, veciño de Pazos de Borbén, xa fora investigado noutras ocasións por feitos semellantes e está investigado por un delito contra a seguridade viaria. Non foi esta a única intervención da Policía local de Redondela que tamén ás 3:00 da madrugada do domingo sancionaron unha condutora tras cometer varias infraccións na Avenida Santa Mariña.
Axentes da Policía local de Redondela procederon na noite do domingo a investigar un condutor o cal xa fora protagonista noutras ocasións de feitos similares. O condutor, veciño de Pazos de Borbén, foi interceptado polos axentes tras ser visto circulando pola Estrada de O Porriño onde se cruzaría cunha patrulla da Policía quen recoñeceu o vehículo comprobando, antes da súa detención, como circulaba entre os dous carrís da estrada cara Os Valos e accionando o freo reiteradamente.
Unha vez se lle deu o alto, o condutor presentaba signos de atoparse baixo o efecto de bebidas alcohólicas, realizándoselle as probas pertinentes que deixaron un resultado positivo de 1,04 e 0,98mg/l de aire espirado. Dito condutor, tamén sería sancionado administrativamente ao circular sen ter o permiso en vigor ó non realizar o curso obrigatorio da última suspensión do seu permiso.
Xa pasadas as 03.00 da madrugada, daríase o alto a unha furgoneta cuxa condutora realizou varias infraccións incorporándose na Avenida de Santa Mariña sobre unha liña continua e posteriormente realizar un xiro brusco ata case rematar colidindo cunha varanda. Unha vez se lle da o alto, realízanselle as probas de alcoholemia deixando un resultado positivo de 0,40mg/l de aire espirado polo que foi sancionada así como por negarse a realizar as probas de drogas.