Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Patrimonio rehabilitará o viaduto no 2010

RR_Noticias

O departamento do Ministerio de Economía e Facenda elude un compromiso para transformar a ponte nun paseo peonil e só se compromete a rehabilitar a estrutura para evitar posibles desprendementos  

A reunión que o alcalde Xaime Rei mantivo o venres con técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio non serviu para obter un compromiso do departamento do Ministerio de economía e Facenda para por en valor a vella ponte ferroviaria. Así o explicou o propio rexedor quen admitiu que o único compromiso de patrimonio -sen datas nin orzamentos- é para a rehabilitación da deteriorada estrutura, o que permitirá retirar a rede que dende o pasado verán envolve á ponte para evitar posibles desprendementos. Esta primeira actuación podería correr a cargo da empresa estatal Tragsa, o que permitiría salvar algún trámites burocrático. Con todo, a obra non se realizaría antes do 2010. Por outra banda, Rei recoñeceu que dende o Ministerio non se contempla polo de agora acometer a segunda fase do proxecto que consistiría en transformar o viaduto nun paseo peonil de vidro para uso da cidadanía. Un proxecto encargado polo propio departamento de patrimonio que habería que actualizar, dado que foi realizado no ano 2004.

Xaime Rei
Patrimonio acometerá unha primeira fase de rehabilitación da ponte
Ponte peonil
O Ministerio non contempla por en valor o vello viaduto cunha paseo acristalado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará