Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Peli: “O obxectivo é competir ao cen por cen, e os resultados chegarán”

fs redondela PELI

Manuel Couñago, Peli, é xunto con Rolan o adestrador do Redondela F.S. de Preferente. Cun equipo moi novo, e formado na inmensa maioría por xogadores da canteira, comezaron a liga cunha derrota na pista do Quinta de Tui “cun resultado un tanto enganoso”, sinala o técnico. O dúo de Peli e Rolan fixéronse cargo de equipo esta temporada “cun equipo moi novo, con xogadores que teñen pouca ou ninguna experiencia na categoría e que se combinan con outros máis veretanos”. O técnico amósase moi satisfeito co traballo realizado polo equipo na pretemporada, na que se enfrontaron a equipos de categorías superiores con moita solvencia. Na Copa Galicia empataron co Pazos de Borbén, e tamén xogaron a bo nivel ante o Vigo e o Leis.

Manuel Couñago, Peli, é xunta con Rolan o adestrador do Redondela FS de Preferente

O único obxectivo que se fixa o corpo técnico é que os xogadores “compitan” e que demostren na pista “o que saben facer e o que fan nos adestramentos semanais” e logo será a competición “a que poña a cadaquén onde merece”. Peli confía en que facendo ben o traballo “os resultados chegarán”. Con todo, advirte que se trata dunha liga “moi competitiva” e que se baixan un chanzo do seu nivel “será complicado obter bos resultados”.

O obxectivo do equipo é “competir e dar o cen por cen”

A próxima fin de semana estréanse na casa ante a súa afeción. O rival será o Bueu, un equipo veterano similar á Quinta de Tui “e será un rival complicado”. Para Peli o máis importante será que os xogadores estean ao cen por cen tanto a nivel físico como mental “para facer o noso xogo”.

O Redondela FS recibe o sábado ao Bueu

O feito de xogar en Redondela será tamén “un plus de motivación” para o equipo, que ten que facerse “moi forte na casa”, sinala Peli. Ademais a inmensa maioría dos xogadores son de Redondela, formados na canteira do Redondela FS, polo que contarán con todo o apoio do seu público desde as gradas.

O adestrador insiste en que é fundamental “facerse fortes na casa”

O encontro disputarase o sábado, día 23, ás 20.00 horas no pavillon da Marisma.

O Campito xogará na pista do Marín Futsal, logo de estrearse na liga como locais cunha derrota ante o Leis Pontevedra B.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará